A ASOCIACIÓN

Saúdo do presidente

Enviado por omundil el Mar, 23/02/2010 - 17:30

Afortunadamente un ano máis podo dirixirme a todos ustedes mo meu nome e no dos meus compañeiros da Asociación de Cabalistas que me honro en presidir.

Que o poida facer significa que seguimos vivos e que seguimos sendo capaces de afrontar o reto de organizar un ano máis a nosa festa, pese a todos os inconvintes, contratempos, dificultades e como non pese a crisis económica.

Viaxe ao Castro Leboreiro

Enviado por omundil el Vie, 02/03/2007 - 12:10

RUTA DOS CONTRABANDISTAS. VIAXE A CASTRO LEBOREIRO

Por José López Vilachá

Viaxar significa escapar da rutina, descubrir novas rutas, admirar paisaxes, meterse en lugares con maxia, e sempre o pracer de ampliar os nosos horizontes. Viaxar é un pracer e converterse nun viaxeiro a cabalo toda unha aventura.

A nosa empeza a primeira fin de semana de xuño.

Instalacións

Enviado por omundil el Dom, 14/01/2007 - 02:46

As instacións ecuestres O mundil: Un salto ó século XXI.

Recupera-lo cabalo e o seu mundo no seu aspecto máis lúdico é a pretensión da Asociación de Cabalistas O Mundil, unha entidade ubicada na localidade de Nogueiró, no concello ourensán de Cartelle. Para iso dispoñen dunhas instalacións de 60.000 metros cadrados, a disposición de todos aqueles que queiran disfrutar dun animal tradicionalmente ligado á vida agrícola e gandeira de moitos lugares de Galicia.

A directiva

Enviado por omundil el Sáb, 16/12/2006 - 19:15

Ningún de nós, sin sequera en soños, somos capaces de imaxinar o que suporía a nosa primeira inversión neste fantástico mundo, cando celebramos a nosa primeira festa, respaldada, inesperablemente, por milleiros de persoas amantes deste fermoso animal.

Gracias a este magnífico apoio seguimos, en anos sucesivos, con múltiples eventos relacionados coa nosa aficción, tendo como colofón de todos eles a "Festa do Cabalo" , que nos segue deparando ano tras ano, satisfacións e sorpresas, traducido no apoio anteriormente mencionado,

Historia

Enviado por omundil el Sáb, 16/12/2006 - 19:07

A Asociacion de Cabalistas "O Mundil" nace o 18 de abril de 1998 da ilusion e traballo duns poucos amantes dos cabalos. 

Escomenzamos sendo uns 12 socios, non todos con cabalos, pero si cunha meta, a de pontenciar o noso Concello como un lugar onde o medio natural e o mundo cabalar sirvan como motor de desenvolvemento e como eixo arredor do que se pode dinamizar a vida no rural e, en difinitiva, axudar a crear un futuro aqui, no pobo, para toda a xente que coma nós pretende vivir lonxe dos estandares da grande cidade.