A Feira de Cartelle está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando...
A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais... Ao medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
cartelfeira.pdf270.26 KB | 270.26 KB |