A ferradura

Uso e inconvintes da ferradura

A aplicación xeral e sistemática da ferradura o casco dos animais de traballo non é consecuencia dun capricho extendido e perpetuado pola costume; comprendese que esta práctica non houbera acadado a difusión da que actualmente goza, tan grande, que e práctica universal e que son excepción os casos nos que se prescinde de-la, si non estivera imposta por unha necesidade e non ofrecera indiscutibles ventaxas.

E así e, en efecto; a utilidade da ferradura está determinada polos fins que con ela se perseguen, e os efectos que se obteñen cando se aplica metódica e racionalmente son: Evita-la utilización temporal dos animais de traballo, motivada por desgasta-los cascos, o que permite aproveita-los seus servicios con máis regularidade e sin outras limitacións e intermitencias que as necesarias para o descanso. E para ter unha idea precisa da importancia que tivo a invención da ferradura, considerada desde este punto de vista , basta decir que un cabalo desferrado, para compensar o desgaste dos seus cascos nun día de traballo, terá que descansar de dous a nove días, según as condicións do soo, de onde se deduce que habría que prescindir dos servicios deste animal, pois resultarían demasiado caros si non dispuxéramos deste aparato protector dos seus pes.
Modifica-las condicións mecánicas da rexión dixital, no senso de favorecer o oficio que ésta desempeña, ben como columna encargada de suxeita-lo corpo durante a marcha, ben como palanca encargada de impulsa-lo corpo durante a marcha, o que supón reduci-lo exforzo no lprimeiro caso ou aumenta-la velocidade no segundo.
Correxir ou atenua-los defectos de conformación e dirección do casco, como tamén as irregularidades de marcha que son consecuencia delo, evitando por tanto, a utilización prematura de moitos cabalos e os accidentes a que poden dar lugar estas últimas.
Auxiliar dun modo eficaz e decisivo o tratamento de moitas enfermidades do casco, pois en algunhas delas o ferrado e o principal recurso de que dispoñemos para a súa curación.

Pero non todo son ventaxas na práctica do ferrado: ten tamén inconvintes, polo que sempre se considerou como un mal necesario, é un mal, porque, en maior ou menor grao dificulta o normal funcionamento do pé, dando lugar a deformacións da caixa córnea; e é preciso, porque non dispomos doutro medio mellor para defende-lo casco, tendo que recurrir a iste, con tódolos perxuicíos, para evita-lo desgaste deste órgano.

Categoria: