O Santuario de Santa María do Mundil

Santuario do MundilObra: “Romarías e Santuarios”(1988)
Autor: Antonio Fraguas (1905-1999)

Primeiro santuario dependente da parroquia de Santa Baia de Anfeoz. É agora parroquia independente segregada da de Santa Baia no ano 1893, no concello de Cartelle, á dereita do Arnoia, na provincia de Ourense.

 

O santuario é de nova construcción. As copiosas esmolas que deron os veciños de Nogueiró, Outomuro, Carregal e Santa Catalina, a pedido do tenente cura, don Ramón de Arauxo, natural de Soutelo, para reconstruir a ermida vella, foron tan subidas que se cambiou de plan e fíxose unha ermida nova. Ten planta de cruz latina, coa nave dividida en tramos, e capelas nos brazos laterais.
 
 
 
 
SancristíaComo prolongación do ouso atópase o engadido da sancristía. Está cuberta de bóveda de casquetes na nave central, de bóveda de crecería nos brazos, e cúpula con linterna. BufardiñoA porta principal ten dous bufardiños, un a cada lado, co seu adorno correspondente. Por eles pódese ver a Virxe cando está a porta pechada.

 

 

 

 
Porta principalEnriba da porta, un balcón que resulta clásico nos santuarios ourensáns, cun altar, e detrás, a imaxe da Virxe. Todo disposto para celebrar a misa en días de moitedume. O remate é unha cruz con dúas pirámides ós lados, adornadas con bolas.Balcón
 
O retablo da capela maior é barroco popular, con iconografía da Virxe propia do século XVI. Hai tamén dous petos, un coa Virxe e o Neno, e o outro de arte popular cun frade no Purgatorio.
 
Non se sabe a ciencia certa cando comenzou o culto á Virxe do Mundil, pero é sumamente antigo. Contase que a Virxe aparecéuselle a uns pastores que andaban co seu gando polo monte, e do parlamento que tiveron resultou a construcción no correspondente lugar da primeira ermida, pero non sabemos nin cando se ergueu, nin cando se renovou. Coñécese que rematou a obra o ano 1791, no mes de abril, e o 2 de maio xa veu o permiso do bispo para benzoar a nova ermida e traer a imaxe dende a capela vella.
 
As festas, mentres foi anexo de Anfeoz, eran o día 15 de agosto, pero desde que se converteu en parroquia, pasaron para os días 21 e 22 do mesmo mes de agosto. Denantes había unha procesión, ó traer a imaxe dende Santa Baia e volvela alí. Agora o día 21 organízase unha procesión de tres horas de duración, que vai de lugar en lugar por toda a parroquia. Polo camiño vanse puxando as catro chavellas do carro que leva a Virxe. As ofrendas son de cartos. Noutros tempos so veciños pudentes pagaban un ferrado de trigo e os menos pudentes, medio ferrado. Ese antigo tributo foi suprimido en especie, e cada un poderá contribuir coa cantidade que entenda debe dar. Nos exvotos figuran moedas americanas e fotografías.
 
O topónimo Mundil parece que indica sitio limpo.
 
Filomena Dato Murais (1856-1926) adicoulle a Virxe do Mundil unha poesía, da que deixamos aquí a primeira estrofa:
 
Dios te salve, Eva sin mancha,
Del mundo corredentora,
Del sol de justicia aurora,
Tesoro de encantos mil,
Flor que estos campos alegras,
Clara fuente cistalina:
Salve, princesa divina,
Santa Virgen de Mundil
 
Simulación do santuario coas duas torres.
Simulación

 

Categoria: