Historia

A Asociacion de Cabalistas "O Mundil" nace o 18 de abril de 1998 da ilusion e traballo duns poucos amantes dos cabalos. 

Escomenzamos sendo uns 12 socios, non todos con cabalos, pero si cunha meta, a de pontenciar o noso Concello como un lugar onde o medio natural e o mundo cabalar sirvan como motor de desenvolvemento e como eixo arredor do que se pode dinamizar a vida no rural e, en difinitiva, axudar a crear un futuro aqui, no pobo, para toda a xente que coma nós pretende vivir lonxe dos estandares da grande cidade. 

Facíase daquela a primeira "Festa do Cabalo" no campo da festa de Nogueiró. Pasado un ano, o 20 de Xuño de 1999, o novo recinto ecuestre da asociación acollía a segunda Festa do Cabalo, arroupada por milleiros de asistentes.

A terceira Festa teria lugar o 28 de Maio do 2000 e a cuarta o 27 de Maio de 2001, esta festa xa transcende o ámbito do concello de Cartelle, para abranguer toda a provincia e norte de Portugal.

E así chegamos a nosa VIII festa celebrada o 4 e 5 de Xuño do 2005.O primeiro paso foi sentalas bases para crear unha infraestructura permanente. Neste senso, estamos a construir un centro ecuestre, na localidade de Nogueiró, que xa conta cunha pista de velocidade, cun picadeiro, local social e cunha gran explanada na que se poñen todalas instalacions necesarias para a reunión anual (a Festa do Cabalo de Nogueiró), na que cabalistas de toda Galicia efectúan un recorrido turístico-cultural polas terras de Cartelle.

Durante todo o ano, realízanse unha serie de actividades, que se desenvolven principalmente pola provincia de Ourense nas que participan tódolas persoas, asociados ou non, sen límite de ídade.

TEMA: